Artigos en galego
Typography
  • Smaller Small Medium Big Bigger
  • Default Helvetica Segoe Georgia Times

Desde a Corrente Marxista Internacional celebramos e damos a benvida a Horitzó Socialista, o recentemente constituído órgano de difusión da mocidade comunista nos Països Catalans. Seguindo unha dinámica similar no País Vasco co Mugimendu Sozialista e a súa ruptura coa esquerda abertzale, Horitzó Socialista (HS) xorde dunha escisión pola esquerda de Arran, a maior organización xuvenil nos Països Catalans. Tamén en català e euskera.

Unha escisión que foi madurando no último período co desenvolvemento dun sector crítico cos postulados básicos da Esquerra Independentista (EI) e os seus resultados prácticos, en base á experiencia acumulada tras os embates independentistas do 2017 e 19, e que culminou coa expulsión do núcleo de Arran Valencia por parte da dirección de Arran hai uns meses.

Como revolucionarios comunistas organizados en 50 países de todo o mundo, desde a Corrente Marxista Internacional compartimos as ideas comunistas de Horitzó Socialista (HS- Horizonte Socalista) tal e como están expostas no seu primeiro comunicado, así como nos artigos publicados anteriormente, como a Carta oberta ao jovent comunista. Compartimos a conclusión, e o punto de partida de toda práctica revolucionaria, que o motor da historia é a loita de clases, expresada baixo o capitalismo no antagonismo irreconciliable entre as dúas clases sociais principais, a burguesía e o proletariado.

Tamén compartimos a defensa de principios da independencia política da clase traballadora. A historia, aquí especialmente, demostrou a absoluta validez deste principio, como exemplificaron sobre todo os bolxeviques na revolución rusa de Outubro. É precisamente este un dos puntos máis críticos de Horitzó Socialista cara á EI. Polo seu papel na produción e forma social, a clase traballadora é a única clase capaz de acabar con toda a opresión do sistema, arrastrando, na tarefa de alcanzar este obxectivo e na construción dunha nova sociedade sen clases, outras clases e capas sociais.

Igualmente, coincidimos na necesidade da revolución social para acabar coa ditadura do capital, incluíndo a destrución do Estado burgués e, á calor da loita, a organización e a toma de conciencia da nosa clase, a creación dun novo Estado proletario. O socialismo é a única alternativa á barbarie coa que o capitalismo condena á clase traballadora e ás familias obreiras coas crises económicas, explotación, opresión, guerras, desastres ambientais e cambio climático. Só o marxismo revolucionario como método de análise e transformación social, e o comunismo como obxectivo de sociedade, pode iluminar unha esperanza no futuro da humanidade.

Ao mesmo tempo, o labor comunista ten un carácter internacional. O capitalismo, co seu dominio imperialista por todos os recunchos do planeta, creou unha produción social que vincula e organiza a millóns de traballadores. Nin o país imperialista máis poderoso, Estados Unidos, pode librarse das forzas sociais da produción mundial. É máis, precisamente co dominio mundial do capital, a propia burguesía creou as condicións materiais para a súa derrota, agora máis que nunca: a clase obreira mundial. Por iso, tanto social como económica e politicamente, a tarefa dos comunistas é organizarnos e librar unha batalla ideolóxica e práctica sobre a base do internacionalismo proletario. Esta foi sempre a posición defendida por Marx, Engels e Lenin, e debe seguir sendo un piar fundamental do movemento comunista.

Coa base de principios exposta, e cunha política internacionalista que guíe toda teoría e práctica, cremos que Horitzó Socialista podería xogar un papel destacado no período de loitas en que entramos, educando e dirixindo unha parte importante da mocidade revolucionaria ou que se está radicalizando pola esquerda. Desde a Corrente Marxista Internacional, celebramos novamente a súa creación e esperamos loitar de xeito conxunto contra o capitalismo armados co programa da revolución socialista mundial.

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: contacto@luchadeclases.org

Para conocer más de “Lucha de Clases”, entra a este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí